Hoxe venres na Praza de San Marcos ás 22:30 horas temos unha cita no concerto de Mercedes Peón do Lugo Ágora Son.
Mercedes Peón realizará unha performance que combina música electrónica con instrumentos tradicionais. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, a artista ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. Ademais é creadora de espazos sonoros para danza e documentais e foi Premio Nacional da Música no 2008.
Programación
O resto da programación musical que inclúe o Lugo Ágora Son da Deputación é a seguinte:
- O 7 de xullo ás 21:00 horas, na Praza Campo Castelo, terá lugar a actuación Do músico do Incio, Vizcaino, na que presentará o seu novo disco “Diáspora”. É un compositor de referencia en Galicia, a través do Pop-rock de autor.
- O 13 de xullo ás 21:00 horas, na Praza da Soidade, actuará o grupo ferrolán Los Álcantara, composto por Al Vila, Cabe, La super pota e Edu Rubiales. Realizarán versións de toda a historia da música española.